Foros de Melide - Fala Melide
Martes 07 de Septiembre del 2010, 12:11:23 *
Bienvenido(a), Visitante. Por favor, ingresa o regístrate.

Ingresar con nombre de usuario, contraseña y duración de la sesión
Noticias: SMF - Just Installed!
 
   Inicio   Ayuda Buscar Calendario Ingresar Registrarse  

Páginas: [1]
  Imprimir  
Autor Tema: Concertos Agosto no PUB GATOS (Wichita-Melide)  (Leído 62 veces)
Manitas
Administrator
Full Member
*****
Mensajes: 151


« : Miércoles 28 de Julio del 2010, 23:52:14 »

Ola de novo a tod@s, coma de costume paso a enumerarvos e a invitarvos a asisitir ós concertos neste mes de Agosto 2010 na reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide):
 
Venres 6 en convenio ca Asociación Cultural XPRESSIONK, chega dende compostela un grupo que dará moito que falar nos vindeiros anos. Trátase de SINESTESIA, que aparte da xuventude dos seus compoñentes teñen un futuro prometedor pola calidade que atesouran.Á unha da noite e gratis.
 
Xoves 12, facendolle unha homenaxe ó Xacobeo programamos excepcionalmente un xoves para darlle cabida  a un dúo de peregrinos australianos que andan a dar voltas por estas terras. Chámanse BUGGIRL,  formados por un batería que según os comentarios do my space ten catro brazos (algo de coros tamén fai) e a voz e guitarra dunha vocalista, que, tamén según o my space, faite pensar si non estará tocando AC/DC e cantando Tina Turner mentras está realizando certas practicas sexuais. Outro comentario é: Son a AC/DC o que os White Stripes son a Lead Zeppellin. Unha da noite e gratis.TOTALMENTE RECOMENDABLE
 
Venres 13, que data tan cinefilotétrica, ou terrorífica, ou gore. Bueno, que máis da,en colaboración con XPRESSIONK, de novo, xa cumplindo unha especie de tradición de contido erótico-sexual, repiten un ano máis os famosísimos (SOBRE TODO NAS SEX-SHOP E NOS VIDEOCLUBS X): LOS TIGRES DEL CAÑOTAS, que tras percorrer casi toda África e América latina nunha xira feita en trineo tirado por rás, veñen recargados de enerxía para demostrar que o seu éxito non é debido a certa pastillita de cor azul e si gracias ó touciño e á velocidade das suas neuronas (xa me invitaredes a algo, tigres). Pois eso, o conto é que de novo caen a tocar nesta reserva india do PUB GATOS este venres 13 á unha da noite e ca entrada totalmente gratis, sobre todo as titis.
 
Sábado 21 haberá o tradicional "kara-o-ké fin de San Roque". Cantade e dadeo todo pero non dedes o cante.
 
Venres 27. Dende Barcelona chega un grupo de pop-rock dunha calidedae extraordinaria e que veñen presentar na sua primeira visita a Galicia o seu novo traballo discigráfico. Son POMERADE e o seu son pódese calificar como unha mestura de U2 e Counting Crows. Será espectacular, sinto por Muse e os eus teloneiros que van quedar sin peña. Unha da noite e totalmente gratis.
 
Veña, espero que sexa do voso agrado a programación e que acudades todos en tropel a estos eventos. a diversión está garantizada.
 
O dito, sede bose boas e ante todo: Saúde, sorte e moito r´n´r.
 
Nani.
En línea
Páginas: [1]
  Imprimir  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.11 | SMF © 2006-2007, Simple Machines LLC XHTML 1.0 válido! CSS válido!