|
Manitas
|
 |
« : Jueves 01 de Julio del 2010, 17:27:39 » |
|
Concertos na reserva india do Pub Gatos (Wichita-Melide) para este, eso espero, caluroso no que a xente e temperatura se refire, mes de Xullo. Venres 2: Dende Madrid chega un grupo cunha traxectoria realmente ascendente neste derradeiro ano, eles son DIAS DE INCIENSO, que virán presentar en formato acústico a snovas cancións que tantas expectativas están levantando e algunha versión de clásicos españois do rocanrol.Gratis a partires da 1 da noite. Sábado 3 de xira por Europa adiante anda este francés con alma de Tenessee, trátase de PHIL RIZA, que virá demostrar que os franceses teñen algomáis que a "chanson" e a Torre Eifel, blues country do bo e moita enerxía. Gratis 1 da noite. Venres 9 dentro da RGMAV, e polo tanto cunha entrada de 3 € chega un clon dos HEREDIROS DA CRUS, liderados polo que fora o seu emblemático guitarrista TUCHO. -e para non facerlle ascos a súa procedencia fanse chamar RECAMBIOS TUCHO (a ver si traballa Ito con eles). Será a hostia con moitas covers, que é como se dí agora, dos añorados HEREDIROS. Á unha da noite. Venres 23 voltan rexurdir uns histórcos do punk rock galego "THE KAMBOTES", con nova formación pero seguindo liderados por Jaime, os de Rodeiro veñen mostrar as novas cancións e recordoar os éxitos de sempre. A partires da unha da noite, gratis. Venres 30 dende A Coruña e despois de varias visitas a esta reserva india chegan de novo DR. SNOB, para demostrar que o rock é milor invento que a coca cola. Concerto dentro da RGMAV, á unha da noite e con 3 € de entrada. Graciñas a tod@s e espero vervos de contado por aquí. Saúde, sorte e moito r´n´r. Nani.
|