|
Manitas
|
 |
« : Miércoles 26 de Mayo del 2010, 22:39:35 » |
|
De novo por estes lares, e parece que por fin vai vir o bo tempo, así que haberá que irse preparando para o San Xoan e comprar unhas sardiñas. De camiño a elo, na reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide) seguimos co conto este dos concertos que paso a comentar: Venres 4 de Xuño: HEIGHT SHOCK, rock dende Vigo cun toque grunge. Á unha da noite ca entrada gratuíta. Venres 11 de Xuño: KASTOMÄ, que despois de ser escollido como millor videoclip o seu tema GRELO 66 no Festival de Cans, pasan por esta reserva india a facer ademáis da ruta do grelo a ruta da cervexa. Unha da noite, festa rachada e ca entrada de balde. Venres 18: Dende Arousa e cun toque psicodélico-espacial (moito David Bowie) chegan MOONJACKETS a ofrecernos un repertorio cheo de clásicos dos 70 e 80. Concerto dentro da RGMAV polo que haberá unha entrada de 3 €. Á unha da noite. Sábado 19: Visitanos un novo grupo extremeño (cómo lles gusta o licor café, e claro o pulpo tamén). Eles son THE BUZZOS e veñen cargadiños de bo rocanrol, muy stoniano él, pero sin facerlle ascos a todo o que soe a boa música. Veñen presentando disco novo, son íntimos dos Maggot Brain, e eles tiran por ese pao tamén. Unha da noite ca entrada gratuíta. Venres 25: Ourense-Cambeo, ese é o eixo onde xira esta mítica banda da escea galega que ven visitarnos por.., non sei xa cántas veces van. MITOCONDRIAS: rocanrol en maiúsculas e pouco máis que decir. Concerto dentro da RGMAV-Entrada 3 € e á unha da noite. Sábado 26. SUJETO K, grupo metaleiro valençá que pisan por primeira vez os taboeiros do Gatos pero que veñen cun vello coñecido: Pako, que fora batería (non sei si FEMSA ou TUDOR) de Daze of Dawn. Unha da noite e ca entrada gratuíta. E polo de agora nada máis. Sede bos e boas, tede tino ca sede e co lume e por suposto: Sorte, saúde e moito r´n´r. Nani.
|