Foros de Melide - Fala Melide
Martes 07 de Septiembre del 2010, 12:10:05 *
Bienvenido(a), Visitante. Por favor, ingresa o regístrate.

Ingresar con nombre de usuario, contraseña y duración de la sesión
Noticias: SMF - Just Installed!
 
   Inicio   Ayuda Buscar Calendario Ingresar Registrarse  

Páginas: [1]
  Imprimir  
Autor Tema: Concerto Maio Pub GATOS (Wichita-Melide)  (Leído 113 veces)
Manitas
Administrator
Full Member
*****
Mensajes: 151


« : Martes 04 de Mayo del 2010, 23:03:11 »

Boas de novo, con un pouco de retraso e neste mes das flores e das nosas letras volto, como gran chamán (vale, pequeno) desta reserva india que é o PUB GATOS (Wichita-Melide), a informarvos dos concertos que proximamente acontecerán na devandita reserva:
 
Venres 7 de Maio, sesión doble dentro da RGMAV, POLO QUE HABERÁ UNHA ENTRADA DE 3 €, por un lado temos a DESBROZADORA, potente grupo metaleiro da zona do Castiñeiriño (S d C) que telonearán a THE HOMENS, que veñen presentar o novo disco titulado CUARTA POTENCIA, totalmente cargadiño de power-pop. Xa vedes variedade continua nunha soa noite.
 
Venres 14: Dende Cerceda, e non sei cántos van, chegan un dos máis históricos do rock galego: ZËNZAR, que tras máis de 20 anos de corredoiras e campos da festa, voltan ó Gatos a presenta o novo disco: A TRIBU NON MORREU. Será tremendo e non pararemos de bailar ata ..bueno, ata non sei. A culpa será de Leño. Concerto dentro da RGMAV polo que habera unha entrada de 3 €.
 
Sábado 15 e co patrocinio de XPRESSIONK e os seus colaboradores chega un grupo liderado polo que fora batería de Retobato e Odio Extremo: OSCAR FOJO Y EL VIEJO CARACOL, a presentar este novo proxecto con raíces no rock máis urban pero ca lectura das letras tan crúa que da o seu pasado punk. Entrada gratuíta.
 
Venres 21 dende Boiro chega unha das promesas do rock galego:AGORAPHOBIA, combo totalmente femeninona que ningunha das suas compoñentes chega os 20 anos e que xa estan dando moito que falar. Punk de nova xeneración con asento do Barbansa. Entrada gratuíta.
 
Venres 28: Concerto dentro da RGMAV polo que, xa o saberedes, hai unha entrada de 3 €. Non creo que vos vaian a doer os bolsillos, pois merece a pena ver a estes grande e históricos do blues galego  e de todas partes. Eles son MIKI NERVIO E OS BLUESMAKERS. Aínda ha de aparecer Robert Jonhson e todo.
 
 
E pouco máis, xa sabedes a hora dos concertos é a de sempre, a unha da noite. E coma de costume sede boas e bos, coidade a paz e o amor. Ala a ver si ve o verán dunha p. vez. Saúde, sorte e moito r´n´r. Nani.
En línea
Páginas: [1]
  Imprimir  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.11 | SMF © 2006-2007, Simple Machines LLC XHTML 1.0 válido! CSS válido!