|
Manitas
|
 |
« : Jueves 01 de Abril del 2010, 14:38:37 » |
|
Ei amigos aquí de novo dando a vara (¿ou é con B?) con esto do rocanrol para que non esquezades a vosa cita, por suposto que obrigatorísima, ca reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide) e para elo lembrarvos os concertos desta casi finado mes de Marzo e adiantarvos os de Abril. A ver si ven algo de calor dunha p... vez. Recorade que o venres 26 temos cita con RED PLANET, e o sábado 27 a presentación do novo disco e novo vocalista dos potentes NAO, CONCERTOS AMBOS Á UNHA DA NOITE E CA ENTRADA DE BALDE. O Mércores 31, tamán á unha e gratis, visitannos LOS FRIKI&PALDIS, combo xurdido na Coruña entre membros de varias formacións que ofertarannos toda a noite versións de Fito, xa sabedes, noite especial para ter leda á moza. E Abril, ai Abril, pois Abril ven moi cargadiño de cantidade e calidade. Xoves 1 dende Extremadura, máis concretamente Cáceres, uns amigos xa de toda a vida nini máis nin menos que MAGGOT BRAIN, xa de xira co disco LAND ( xa o estrenaron no Gatos en Outubro e agora voltan facer festa na reserva india de Wichita), considerado pola revista POULAR 1 cómo o millor disco de rock español do 2009 e Maggot Brain coma undos millores grupos do ano.Unha da noite ca entrada gratuíta e ata as tantas. Venres 2 dentro da RGMAV e polo tanto cunha entrada obligatorísima de 5 €, non se salva nin o cuco, os millores expoñentes de que o blues galego está entre os millores de Europa, eles son COLL & COSTA (LOS REYES DEL KO), que traerán toda a calidade e festa que atesoran e que os fan ser dos músicos máis solicitados en Berlín, cidade na que habitan. Hora de costume, ou sexa, á unha e a ver qué sorpresas nos deparan este ano. Venres 9 dende Viveiro e ca forza do Cantábrico veñen os rock-metaleros BY THE FACE, presentar novo traballo que non deixará a nadie indiferente e sorprenderán con algunha que outra versión oitenteira na que o seu orixinal pouco ten que ver co que eles fan. entrada pola face, ou sexa gratis, e aá hora de costume. Sábado 10 veñen os simpsonianos LA TABERNA DE MOE, presentando o novo disco ¿Es que no lo ves?, e con tantas malas pulgas como o barman de Springfiled. Punk-rock reivindicativo da escudería EL GARAJE PRODUCCIONES. Gratis á unha. Venres 16 folk -rock-mestizaxe da Terra de Melide con esa herba de namorar, ou máis ben afrodisíaca, chamada TROMENTELOS CHIS PUM. Non pode quedar nadie na casa, quedades avisados, si non rebelión na reserva e voltaremos a conquistar os nosos campos de caza. Coma de costume, con moito amor gratis e á hora de sempre. Venres 23 dende a Estremadura portuguesa chega este circense grupo de arxentinos afincados no país veciño que desplegarán un punk-rock moi ochenteiro e cun posta en escea que farnos recordar a infancia. Eles son PAYASOS DOPADOS e divertirannos ó tempo que nos farán cavilar á unha e ca entrada de balde. Venres 30 dentro da RGMAV e con entrada de 3 €, á unha da noite, o rockabilly de DR. GRINGO, combo compostelán con estñetica moi cincuenteira ó puro estili dos Strait Cats, moi adecuado para esta reserva india. Non faltedes. Sábado 1 de Maio dende Asturies pun.rock combativo con DESAKATO, TAMÉN DA ESCUDERÍA EL GARAJE PRODUCCIONES, COMA DE COSTUME GRATIS E SOBRE A UNHA DA NOITE. Sede boiños nesta semana de pasión, e que esta sexa chea de amor e bo rollito (que diría Toxo). Saúde, sorte e moito r´n´r. Nani.
|