|
Manitas
|
 |
« : Sábado 20 de Febrero del 2010, 00:38:55 » |
|
Boas a tod@s, estrañaríavos a tardanza en tolearvos cas novas do Gatos o caso é que debido a cousas da informática non vos puiden informar dos derradeiros eventos. Tranquilos, xa estou aquí de novo e aquí vai: Venres 26 de Febreiro: ZOOTROPA, grupo lugués de influencias grunge (eles din que se parecen a Pearl Jam, será polo pelo) que mesturan con reminiscencias dos Enemigos. Decirvos que entre os seus compoñentes atópase un colega de taberneo, copeteo e rock: Guille do Garçon del Pis. En Marzo aplázase para Xuño o concerto dos valencianos SUJETO K. Venres 12- Dende Cedeira voltan os reis do country -rock galego. Eles son LOS ETERNOS, que como o seu nome dí, fará que esta noite recordedela para a eternidade pois a festa está garantida ata non poder máis, nin co corpo, nin ca ialma (o que a teña). Concerto dentro da RGMAV polo que entrada de 3 €. Venres 19.- Históricos do pop-rock galego, antes eran O Caimán do Río Tea e hoxe son CAPITAN FURILLO. Que dende Ponteareas veñen presentar o seu novo traballo titulado "ROCK", que non deixará a nadie indiferente sin esquecer os clásicos "Estou na Lavadora" ou "Ven a bailar", entre outros. Concerto dentro da RGMAV, entrada 3 €. Venres 26 de A Coruña chega un combo que tras varias formacións diferentes e pausas involuntarias no seu camiñar, retornan á estrada co bo facer ó que nos tiñan acostumbrados. Trátase de RED PLANET. Entrada gratuíta. Sábado 27. Un dos retornos máis esperados no panorama musical galego. Con novo vocalista regresan á reserva india do Gatos NAO, para presentar novo traballo e engancharnos a todo@s nesa onda metaleira que tantos éxitos lle teñen reportado. Entrada Gratuíta. Mércores 31- Como adianto sa Semana Santa, que nos espera cargadiña,teremos un concerto dunha banda tributo a un dos músicos máis recoñecidos pola crítica e o público dos derradeiros 10 anos. O Grupo ven da Coruña con musicos cun bagaxe importante en outras bandas e chamanse LOS FRIKIPALDIS, aver si sabedes de quén fan versións.Entrada gratuíta. Ah por certo, todos os concertos serán a partires da unha da noite. Para Abril, que xa empeza o Xoves Santo teremos a presencia de Maggot Brain, Los Reyes del KO, Tromentelos, etc. Xa vos informarei. Veña, sorte, saúde e molito r´n´r. Vémonos. Nani.
|