|
Manitas
|
 |
« : Jueves 24 de Diciembre del 2009, 16:38:44 » |
|
Boas, espero que tod@s pasedes unha boas festas e ca despedida do ano e a entrada no 2010 sexan inmellorables, pero imos ó que imos: Recordarvos que este venres 25 de Decembro veñen dende Sarria LOS VIOLENTOS DE KELLY, hardcore metalero. E agora paso a detallarvos a potente programación que nos espera neste mes de Xaneiro do 2010, a verdade é que a potencia é o predominante neste mes na reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide). Mércores 6 de Xaneiro, dende New York City (aínda que antes pasando por Cuenca) visita a reserva india unha lenda do underground rockeiro: ADAM BOMB e a sua banda. Decirvos que Adam Bomb foi guitarrista de Motorhead e participou como guitarra solista no derradeiro disco en solitario de Jonh Paul Jones (mítico baixista da non menos mítica banda LEAD ZEPPELLIN). UNHA DA NOITE, ENTRADA GRATUÍTA. Venres 8, dentro da RGMAV e polo tanto cunha entrada de 3 €, veñen os nosos sempre admirados ITH (Xanceda-Boimorto- de Aki, dalá), ¿qué máis podo decir?: calidade, festa, rocanrol, bo rollito, viva o ró e maila ra, etc,etc, garantizados. Todo un espectáculo. Venres 15, despois de pasar por Faitunflai e Nao, volta co gusanillo do rap-metal o recoñecido Xavinho cun novo proxecto chamado RAIBA, acompañado de antiguos compañeiros de Faitunflai. Unha da noite, entrada gratuíta. Venres 22, doble bombo a mares cos composteláns LABAZADA. Potencia, suor e dende logo enerxía na sua máxima expresión. Tamén á unha da noite e ca entrada de balde. Venres 29. Si vos conto que este grupo está formado por xente que procede de Túzaros, Entrance e outros grupos da zoa de Santiago e o Milladoiro comprenderedes que o seu rollo non van ser precisamente as baladas nin os discos homenaxe a El Fari. Eles son IN VIVO e dende logo os seus concertos manteñente vivo. Será gratuíot e comenzaremos á unha da noite para non mudar de costumes. Bueno ven vedes que o da potencia non iba en broma. Sede boas e bos, tede tino ca sede e cos paus da lus e recibide fondas apertas neste inicio do Nadal. Saúde (a lotería non tocou), sorte e moito r´n´r. Nani.
|