Foros de Melide - Fala Melide
Martes 07 de Septiembre del 2010, 12:53:01 *
Bienvenido(a), Visitante. Por favor, ingresa o regístrate.

Ingresar con nombre de usuario, contraseña y duración de la sesión
Noticias: SMF - Just Installed!
 
   Inicio   Ayuda Buscar Calendario Ingresar Registrarse  

Páginas: [1]
  Imprimir  
Autor Tema: Concertos Novembro PUB GATOS (Wichita-Melide)  (Leído 418 veces)
Manitas
Administrator
Full Member
*****
Mensajes: 151


« : Martes 03 de Noviembre del 2009, 23:23:47 »

Xa casi remata este ano da crise (What crisis?, que dirían Supertramp), pasou coma un lóstrego aínda que durou máis que outros lóstregos, e nos seguimos a darlle caña á corrente eléctrica en forma de..........CONCERTOS, e para elo qu emillor sitio que a reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide). Para elo temos:
 
Venres 6 de Novembro dende Portugal e dentro do programa de OUTONALIDADES voltan por segundo ano o folque fusionado co rock e as músicas do mundo de UXU KALHUS. Grupazo que non podedes perder. Hora: 1 da noite
 
Sabado 7
dende Zaragoza (que non é unha tenda de roupa) chega este dúo chamado LOS GANDULES  a desenrolar toda a música e humor que xurde na beira do Ebro despois de ser aclamados no PARAMOUNT COMEDY. Entrada de balde e arredor da unha da noite.
 
Venres 13 dentro da RGMAV disfrutaremos do indi-rock dos coruñeses GURU DEVA, con Félix Arias ó fronte que entre outras cousas é a man dereita de Xoel "Deluxe" en Lovely Luna. Hora unha da noite e ca entrada a 3 €uros.
 
Sábado 14 tócalle o turno a LUTER, grupo madileño qu é o novo proxecto homónimo do vocalista dos aclamados e xa desaparecidos LOS RECONOCES, que tendrán a oportunidade de demostrar a súa sapiencia musical con temas que recordarán a Los Enemigos, Alarma e incluso Los Porretas. Arredor da unha da noite e ca entrada gratuíta.
 
Venres 20 e tamén dentro da RGMAV deleitarannos co seu rock sureño os pontevedreses SUGAR MOUNTAIN, xa de sobra coñecidos nesta reserva india do Gatos e que disfrutaremos da sua compaña coma navajos fora dareserva. Á unha da noite e 3 € de entrada.
 
Venres 27 voltan despois dunhos anos de paréntese os etílico-composteláns SEMOS PELIGROSOS para "proclamar" de novo o de "camareiro: outra birra máis, e unha caña, e unha copa, etc. Veñen coma uns dos triunfadores do APOLOGHIT da Radio Galega.
Entrada de balde e á unha da noite.
 
Sábado 28 coma segunda sesión do programa de colaboración galego-portuguesa de OUTONALIDADES tocan esta noite no Gatos "SAMASATI" facendo unha mestura de música hindú e tradición lusa. Á unha da noite e ca entrada de balde.
 
Esperando que sexa do voso agrado, pensoque hai variedade, cantidade e calidade, envíovos un saúdo tendo sempre a ilusión de vervos por aquí. Sorte, saúde e moito r´n´r. Nani.
En línea
Manitas
Administrator
Full Member
*****
Mensajes: 151


« Respuesta #1 : Martes 10 de Noviembre del 2009, 23:08:01 »

O concerto do 27 de Novembro dentro da promoción do Apologhit no que aparece o nome do grupo SEMOS PELIGROSOS, ten que ser cambiado debido a "aparentes problemas legais" polo de LOLO A RINCON, así que xa sabedes: o día 27 de Novembro no Pub GATOS tocan LOLO A RINCON  e non Semos Peligrosos. Avisados quedades, veña saúde, sorte e moito r´n´r. Nani.
En línea
Páginas: [1]
  Imprimir  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.11 | SMF © 2006-2007, Simple Machines LLC XHTML 1.0 válido! CSS válido!