|
Manitas
|
 |
« : Martes 03 de Noviembre del 2009, 23:23:47 » |
|
Xa casi remata este ano da crise (What crisis?, que dirían Supertramp), pasou coma un lóstrego aínda que durou máis que outros lóstregos, e nos seguimos a darlle caña á corrente eléctrica en forma de..........CONCERTOS, e para elo qu emillor sitio que a reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide). Para elo temos: Venres 6 de Novembro dende Portugal e dentro do programa de OUTONALIDADES voltan por segundo ano o folque fusionado co rock e as músicas do mundo de UXU KALHUS. Grupazo que non podedes perder. Hora: 1 da noite Sabado 7 dende Zaragoza (que non é unha tenda de roupa) chega este dúo chamado LOS GANDULES a desenrolar toda a música e humor que xurde na beira do Ebro despois de ser aclamados no PARAMOUNT COMEDY. Entrada de balde e arredor da unha da noite. Venres 13 dentro da RGMAV disfrutaremos do indi-rock dos coruñeses GURU DEVA, con Félix Arias ó fronte que entre outras cousas é a man dereita de Xoel "Deluxe" en Lovely Luna. Hora unha da noite e ca entrada a 3 €uros. Sábado 14 tócalle o turno a LUTER, grupo madileño qu é o novo proxecto homónimo do vocalista dos aclamados e xa desaparecidos LOS RECONOCES, que tendrán a oportunidade de demostrar a súa sapiencia musical con temas que recordarán a Los Enemigos, Alarma e incluso Los Porretas. Arredor da unha da noite e ca entrada gratuíta. Venres 20 e tamén dentro da RGMAV deleitarannos co seu rock sureño os pontevedreses SUGAR MOUNTAIN, xa de sobra coñecidos nesta reserva india do Gatos e que disfrutaremos da sua compaña coma navajos fora dareserva. Á unha da noite e 3 € de entrada. Venres 27 voltan despois dunhos anos de paréntese os etílico-composteláns SEMOS PELIGROSOS para "proclamar" de novo o de "camareiro: outra birra máis, e unha caña, e unha copa, etc. Veñen coma uns dos triunfadores do APOLOGHIT da Radio Galega. Entrada de balde e á unha da noite. Sábado 28 coma segunda sesión do programa de colaboración galego-portuguesa de OUTONALIDADES tocan esta noite no Gatos "SAMASATI" facendo unha mestura de música hindú e tradición lusa. Á unha da noite e ca entrada de balde. Esperando que sexa do voso agrado, pensoque hai variedade, cantidade e calidade, envíovos un saúdo tendo sempre a ilusión de vervos por aquí. Sorte, saúde e moito r´n´r. Nani.
|