Foros de Melide - Fala Melide
Martes 07 de Septiembre del 2010, 13:02:40 *
Bienvenido(a), Visitante. Por favor, ingresa o regístrate.

Ingresar con nombre de usuario, contraseña y duración de la sesión
Noticias: SMF - Just Installed!
 
   Inicio   Ayuda Buscar Calendario Ingresar Registrarse  

Páginas: [1]
  Imprimir  
Autor Tema: Concertos Xuño PUB GATOS  (Leído 367 veces)
Manitas
Administrator
Full Member
*****
Mensajes: 151


« : Domingo 24 de Mayo del 2009, 21:48:31 »

Aquí, coma de costume deixovos os novos eventos (todos musicais) do mes de Xuño na reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide).
 
Venres 5 : Dende Barna coma un conglomerado de nacionalidades e cantando en italiano, un combo que xa causara sensación o ano pasado, MICROGUAGUA, presentando os temas do seu novo traballo cargado de reggae e funki-fussion. concerto dentro da RGMAV polo que haberá unha entrada de 3 € con desconto de 2 nunha consumición.Hora 1 da noite
 
Venres 12. Turno para ops portugueses BLACK BOMBAIN, auténtico hard rock dende a outra veira do Miño concerto feito en colaboración ca plataforma cultural AUDIENZIA ZERO. Hora 1 da noite
 
Venres 19: Si queredes ver a unha lenda vivente do rock mundial non podedes perder esta noite, que con puntualidade británica, traerá un trío que ten entre os seus membros a un home que compartiu escenario e camerino con THE PRETENDERS, THE KINKS, PAUL MACARTNEY, E OUTROS MÁIS, aparte de rodearse de músicos procedentes de bandas tan famosas coma M-CLAN, LOS REFRESCOS, etc. trátase de THE GRAHAM FOSTER TRIO. Unha banda que fai anos xa participara no Rock do Camiño de Palas deixando unha gratisma impresión. Concerto dentro da RGMAV e cunha entrada obligatorísma de 5 €.Non podedes faltar. Hora: 1 da noite
 
Sábado 20: Tócalle ó indi grunge rock de SUPA SCOOPA, banda viguesa con varios anos de experiencia nesto de furgoneta ei estrada. Entrada gratuíta.Hora: 1 da noite
 
Venres 26: BALDOSA AMARILLA é o nome do grupo que hoxe aterrará nesta reserva india, presentarán unha gran noite con temas poprock de alto contido psicodélico. Proceden de Porriño e non nos van deixar parados nunha soa baldosa. Concerto dentro da RGMAV cunha entrada de 3 € e desconto de 2 nunha consumición. Hora: 1 da noite
 
Sábado 27: Sesión doble a desta noite. Por un lado teremos a cantautora pop barcelonesa MARÍA RODÉS, presentando os temas do seu traballo cargados de sensualidade e intimismo e por outro un combo de nova creación formado polos irmáns Armesto (membros de Robin de los Estercoleros y..) que de momento carecen de nome oficial pero que eu, facendo alusión a uun blog de Jorge Armesto, bautizo como DEMENTEGATO, que traeran versións do country, do rock, do pop e algunha que outra sorpresa. entrada gratis, á unha da noite.
 
E polo momento nada máis, sede bo/boas e tede moita saúde e moita paz, a ver si se acaba a violencia no mundo. Veña, saúdos, sorte e moito r´n´r. Nani.
En línea
Páginas: [1]
  Imprimir  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.11 | SMF © 2006-2007, Simple Machines LLC XHTML 1.0 válido! CSS válido!