Foros de Melide - Fala Melide
Martes 07 de Septiembre del 2010, 13:06:13 *
Bienvenido(a), Visitante. Por favor, ingresa o regístrate.

Ingresar con nombre de usuario, contraseña y duración de la sesión
Noticias: SMF - Just Installed!
 
   Inicio   Ayuda Buscar Calendario Ingresar Registrarse  

Páginas: [1]
  Imprimir  
Autor Tema: Concerto mes de Abril na reserva india do PUB GATOS DE MELIDE  (Leído 562 veces)
Manitas
Administrator
Full Member
*****
Mensajes: 151


« : Sábado 28 de Marzo del 2009, 19:21:17 »

De novo por estes lares cibernéticos andando na procura de outros tolos do rocanrol que lles interesen estas novas e por suposto que lles pique o vermiño da curiosidade e da impaciencia para aproximarse por esta reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide), así neste primaveiral mes de Abril:
 
Venres 3 dende Ferrolterra "LOS RUINES", cun nome que para nada fai honor aá súa pericia musical, rocanrol do bo e festa sudorosa. Á unha da noite e de balde.
 
Mércores 8, rock urbán dende o sur de Lugo: "DEKAMAL", non confundir con "ducamal" que é unha expresión ben xeitosa pero que desta non empregaremos moito. DE balde e á hora de costume, tede en conta que o día seguinte é xoves santo.
 
Venres 10, non vos prometo nada pero algo haberá, pode ser unha sorpresiña en forma de presentación de novo disco...a que vos morde o vermiño.
 
O Venres 17 será un día (máis ben tarde-noite) de ambente festivo porque os gaiteiros de Agolada (Varela, Alfonso, Román, etc.) celebrarán unha serie de actos co motivo da visita do grupo bretón BAGAD TRÈGUIER a esta nosa terra ó longo da tarde e da noite. A destacar a cea de gaiteiros (espérase cheo, e chea tamén, absoluto).Si queredes asisitir podedes chamar ó 665 990 868 (Alfonso) ou ben inscribirse no e-mail songaiteiro@gmail.com, para logo pasar unha noite inesquencible cos grupos TIRULEQUE E LUME NA LAREIRA, que se celebrará no GATOS, a partires da unha ou antes si acabamos a cea. Será a rehostia (ai que me excomulgan).
 
O venres 24 e dentro da RGMAV, polo que haberá unha entrada de 3 €, con desconto de 2 nunha consumición, chegan uns vellos coñecidos desta reserva india e que nunca deixaron indiferente  a nadie: DOCTOR HARAPOS, que nos engatusarán con esa mestura de rock, funki, jazz, psicodelia e moitas cousas a maiores que fan dos seus concertos algo máis que unha simple actuación musical.
 
O Xoves 30 teremos sesión doble:
Por unha parte e dentro do programa de "nsaio" chegan os composteláns "DIRTY SOCKS"  a presentar o seu indi-rock de nova xeneración.
Logo darase `paso a unha formación que dará moito que falar: o cantautor pop ROGER DE FLOR, presentando novo traballo despois do éxito acadado na xira do ano pasado.
Será ás 12:30 da noite e ca entrada de balde.
 
Aproveito para anunciarvos o concerto do Venres 1 de Maio, trátase dun trío acústico asturiano (os nosos primos-irmáns) chamado DEEPS,  sin enchufe, formado por membros que no seu día foron de CRASH, TIERRA DE NADIE, etc. e que deleitarannos toda a noit econ moi boas versións e dos máis grandes do rock, coma Deep Purple, Led Zeppellin, Nirvana, AC-DC, Rollings, etc, etc, disfrutaremos como nunca.
 
E de momento esto é todo, saúde, sorte e moito r´n´r. Nani.
En línea
Manitas
Administrator
Full Member
*****
Mensajes: 151


« Respuesta #1 : Jueves 09 de Abril del 2009, 18:22:55 »

Debido a razóns de forza maior temos uns pequenos cambios na programación da reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide), e quedan así:
 
Mércores 8: DEKAMAL (Sarria-rock)
Venres 10: DOCTOR SNOB (Sada- A Coruña- rock)
Venres 17: LUME NA LAREIRA+TIRULEQUE (folque)+GHAITA JAM SESION (por libre)
Venres 24: DOCTOR HARAPOS (Vigo-psicodelia-rock-funki)
Sábado 25: MEDOMEDA+GRUPO SORPRESA con novo disco, (Padrón-Compostela, punkrock) e aparte no Pazo de Congresos a V FOLIADA DE MELIDE
Xoves 30: ROGER DE FLOR (Cedeira-Ferrol-cantautor poprock)
 
E isto é todo, saúde, sorte e moito r´n´r. Nani.

En línea
Páginas: [1]
  Imprimir  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.11 | SMF © 2006-2007, Simple Machines LLC XHTML 1.0 válido! CSS válido!