Foros de Melide - Fala Melide
Martes 07 de Septiembre del 2010, 12:54:03 *
Bienvenido(a), Visitante. Por favor, ingresa o regístrate.

Ingresar con nombre de usuario, contraseña y duración de la sesión
Noticias: SMF - Just Installed!
 
   Inicio   Ayuda Buscar Calendario Ingresar Registrarse  

Páginas: [1]
  Imprimir  
Autor Tema: Concertos Marzo Pub Gatos (Melide)  (Leído 696 veces)
Manitas
Administrator
Full Member
*****
Mensajes: 151


« : Jueves 05 de Marzo del 2009, 11:30:46 »

Boas de novo, coma de costume farei pasarvos un anaco lendo a seguinte información referente ós concertos da reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide):
 
Venres 6 de Marzo, esperando que non retorne KLAUS, temos connosco de volta a  APHONNIC para sacarse o mal sabor de boca que deixa vir dende Vigo a Melide e non poder tocar por un fenómeno metereolóxico. Así que xa sabedes, este venres á 1 da noite caña a tope con APHONNIC, dentro da RGMAV e cunha entrada obligatorísisma de 4 €, pois xa perderon abondo no outro viaxe.
 
Venres 20 dende Cedeira chega unha xente que xa ten experiencia nesto das noites de rock no Gatos, LOS ETERNOS, que xa nos farán sentir eternamente o agradecido que é o rocanrol. Dentro da RGMAV entrada 3 € e á unha da noite
 
Venres 27 chegan dende Berlín (Alemania, para quén pense que é unha cervexería) uns auténticos virtuosos do blues e do soul: Adrián Costa e Marcos Coll, máis coñecidos por: LOS REYES DEL KAO, dous santiagueses instalados como músicos profesionais en terras teutonas (que non é o mesmo que tetonas) e que de cando en vez e presos da morriña veñen descargar o seu poderoso black-soul-picheleiro power á ésta súa terra. Será a unha da noite cunha entrada de 3 € por ser dentro da RGMAV.
 
DE momento nada máis, saúdos, sorte e moito r´n´r. Nani.
En línea
Páginas: [1]
  Imprimir  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.11 | SMF © 2006-2007, Simple Machines LLC XHTML 1.0 válido! CSS válido!