Foros de Melide - Fala Melide
Martes 07 de Septiembre del 2010, 12:54:34 *
Bienvenido(a), Visitante. Por favor, ingresa o regístrate.

Ingresar con nombre de usuario, contraseña y duración de la sesión
Noticias: SMF - Just Installed!
 
   Inicio   Ayuda Buscar Calendario Ingresar Registrarse  

Páginas: [1]
  Imprimir  
Autor Tema: Concertos Xaneiro 2009 - Pub Gatos  (Leído 428 veces)
Manitas
Administrator
Full Member
*****
Mensajes: 151


« : Miércoles 31 de Diciembre del 2008, 11:46:12 »

Co desexo que o vindeiro ano sexa moito millor que este que remata infórmovos dos concertos do mes de Xaneiro do 2009 (¡cómo pasa o tempo!) na reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide):
 
Venres 2 de Xaneiro. Dende Asturies, uns históricos con máis de 10 anos de traxectoria, eles son TIERRA DE NADIE, que darán boa conta de todo o seu repertorio (con posibilidade de repetir ó día seguinte si a resposta é boa) e con constantes guiños a Barón Rojo. Entrada gratuíta a partir da unha da noite.
 
Venres 9 dentro da RGMAV chegan uns lucenses que non necesitan presentación, trátase de HOLYWATER,  que virán demostrar porque son unha realidade do panorama indi estatal cos temas do seu novo disco. Entrada 3 €uros e á unha da noite.
 
Venres 16, tamén dentro da RGMAV chega de novo BRUNO T. FORD  e a súa troupe para facer un anaco de boas versións dos clásicos do rock acompañadao polo pedal-steel de Miguel do Nautico do Grove. Entrada 3 €uros e á unha da noite.
 
E demomento para rematar o mes e dentro da RGMAV virán por segunda vez os vigueses APHONNIC  despois da exitosa xira realizada por Brasil, Europa e o resto do estado español presentando novo traballo sin esquecer a mítica versión de "We will rock you" de QUEEN e outros temas que nos farán brincar e bailar ata o mencer. Entrada 3 €uros e á unha da noite.
 
Haberá máis novedades, estade ó loro. Saúde, sorte e moito r´n´r. Nani.
www.pub-gatos.com

En línea
Páginas: [1]
  Imprimir  
 
Ir a:  

Powered by MySQL Powered by PHP Powered by SMF 1.1.11 | SMF © 2006-2007, Simple Machines LLC XHTML 1.0 válido! CSS válido!